O arcebispo presidiu a Eucaristía de inicio de curso de Pastoral Universitaria na Capela do Campus Sur

Este mércores, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu a Eucaristía de inicio formal do curso de pastoral universitaria. A chamada “Tenda do Encontro” é unha iniciativa da Delegación de Pastoral Universitaria e da Delegación de Infancia e Mocidade, que se celebra todos os mércores lectivos a partir das 20:30 horas na Capela Universitaria do Campus Sur (detrás do C.M. Fonseca). O arcebispo quixo, así, como noutros comezos de curso, unirse á mocidade universitarios e aos profesores neste momento de oración. Trátase dunha actividade aberta á mocidade de todas as realidades eclesiais que busquen compartir a súa fe con outros mozos e mozas. Ese mesmo día, D. Julián celebrou tamén a Misa de apertura de curso no Seminario Menor de Santiago.

Na apertada xornada do arzobispo para os próximos días destaca a súa asistencia, este venres, día 17, en Braga, á presentación do Caminho Minhoto Ribeiro; a Misa do Peregrino do sábado, día 18, na Catedral, na que participarán membros das delegacións galegas de Mans Unidas; así como a celebración do Nazareno na Pobra do Deán, o domingo día 19.

O 21 deste mesmo mes, o arzobispo estará presente na inauguración do curso do Instituto Teolóxico Compostelán. Na xornada do día 23 de setembro, monseñor Barrio pronunciará unha conferencia na apertura do Congreso de Acollida Cristiá no Camiño e falará no ciclo organizado pola Arquiconfraría do Apóstolo Santiago.