O CEU premia ao Camiño de Santiago pola súa difusión da Cultura Católica

Esta mañá tivo lugar lugar a XXV edición dos Premios CEU Angel Herrera, un acto presentado por Angel Expósito e Marta Jaumandreu, na que mons. Julián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela e Luís Hernando de Larramendi, presidente da Fundación Ignacio Larramendi, recolleron en nome de todas as dioceses polas que atravesa o Camiño de Santiago e da Fundación Ignacio Larramendi o Premio CEU Angel Herrera na categoría de Difusión da Cultura Católica.

Na súa intervención, mons. Barrio destacou que Europa naceu peregrinando ao redor da memoria do apóstolo Santiago e que o Camiño de Santiago é un Camiño de relixiosidade, espiritualidade, cultura, arte e, por suposto, un Camiño que nos ten que axudar a recuperar a antropoloxía. Afirmou tamén que recuperar o que son os valores do Camiño de Santiago, axudaranos a configurar esta nova Europa e engadiu que o Camiño de Santiago é unha oportunidade que un ten para atoparse consigo mesmo, cos demais e con Deus.

Os Premios CEU Angel Herrera creáronse en 1997 coa intención de recoñecer o labor social, docente e investigadora de persoas ou grupos pertencentes aos diferentes centros do CEU.

Estes galardóns concédense anualmente e toman o nome do fundador da Asociación Católica de Propagandistas ( ACdP) e da Fundación, o prelado Angel Herrera.

Nas últimas edicións, incorporáronse novas categorías coas que se pretende potenciar e destacar o labor de persoas, institucións e empresas que destacaron pola súa contribución á mellora da sociedade e a promoción do ben común.