El COF invita a las familias da Arquidiocese a unha xornada de formación sobre AL

  • Será presidida por mons. Julián Barrio
  • Celebrarase o sábado 26 de marzo na sede do COF en A Coruña (c/ Fonseca 8).
  • Desenvolverase en sesións de mañá (de 11h a 14h) e de tarde (16:30h a 19h).

Reflexionar sobre a profundidade do maxisterio da Amoris laetitia, e compartir as experiencias de traballo coas familias é o obxectivo dobre do encontro que este sábado organiza o Centro de Orientación Familiar baixo o título “Abrindo camiños para as familias”. Os organizadores do acto quixeron axuntar nos relatores a dobre vertente académica e pastoral, xa que en todos eles conflúen unha sólida formación intelectual e un amplo coñecemento do Maxisterio sobre o amor e unha contrastada experiencia no traballo con familias.

A xornada supón un paso máis no obxectivo do COF diocesano por sensibilizar ao Pobo de Deus e dar a coñecer a exhortación Amoris laetitia, un documento que, en palabras do director diocesano do centro, Luís García Bernadal, “posibilita abrir camiños pastorais a todas as familias”.

O encontro estará presidido polo arcebispo compostelán, que será tamén o encargado de inauguralo co relatorio “Unha Igrexa en saída. Amoris laetitia”. A continuación, o redentorista Sabatino Majorano, profesor emérito na Academia Alfonsiana de Roma e membro da comisión relatora dos dous sínodos sobre a familia celebrados en 2014 e 2015 e dos que xurdiu a exhortación do papa Francisco Amoris laetitia, disertará sobre “ Amoris laetitia. Igrexa en sínodo”.

O xesuíta Pablo Guerrero, profesor de Teoloxía Pastoral e de Teoloxía Moral na Universidade Pontificia de Comillas, analizará na súa intervención “O capítulo oitavo de Amoris laetitia: de considerar categorías abstractas a escoitar a persoas concretas”.

A sesión vespertina dedicarase a un panel de experiencias. Nel intervirá en primeiro lugar o bispo de Mondoñedo-Ferrol. Mons. Fernando García Cadiñanos falará sobre “As familias actuais desde a Doutrina Social da Igrexa”.

A directora do Instituto Superior de Ciencias da Familia da Universidade Pontificia de Salamanca, Luz María Fernández Mateos falará sobre a “Identidade e misión dos institutos da familia tras as pegadas de Amoris laetitia do papa Francisco”.

Pecharán as xornadas membros do Centro de Orientación Familiar da arquidiocese compostelá, que compartirán as súas experiencias co testemuño “Traballando con familias. Experiencias desde un Centro de Orientación Familiar”.

A organización da xornada recomenda que os interesados se inscriban previamente na dirección de correo electrónico cofsantiago@archicompostela.org.