O bispo auxiliar presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión Diocesana do Ano Santo Compostelán

O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión Diocesana do Ano Santo Compostelán na que se abordaron diversas cuestións de interese, entre elas un novo impulso na visualización do Ano Santo Compostelán, en colaboración coas administracións autonómica e local, incluíndo unha proposta de elementos de publicidade exterior na cidade. Ademais, os membros da Comisión Diocesana recibiron información sobre o programa de apertura de igrexas no Camiño de Santiago, sobre a formación dos voluntarios que atenden os peregrinos en ditos templos e en relación coa reedición de publicacións de temática xacobea vinculadas á espiritualidade do Ano Santo Compostelán.