O Arcebispo de Santiago de Compostela

D. Julián Barrio Barrio preside a Igrexa Compostelá desde o día 25 de febreiro de 1996, data en que tomou posesión da Sede para a que fora nomeado polo Papa Xoán Paulo II o día 5 de xaneiro do mesmo ano.

Cando este evento produciuse, levaba xa dous anos connosco. Chegara desde a Igrexa irmá de Astorga o día 7 de febreiro de 1993 en pleno Ano Xubilar, sendo consagrado na nosa Catedral como Bispo Titular de Sasabe e Auxiliar do seu antecesor. Desde outubro de 1994 ata o seu nomeamento gobernou a arquidiocese como Administrador Diocesano.

Naceu en Manganeses de la Polvorosa, provincia de Zamora e Diocese de Astorga, o 15 de Agosto de 1946. Cursou os estudos de Humanidades e de Filosofía no Seminario Diocesano de Astorga.