Emotivo homenaxe a D. Julián

Hoxe mércores, 17 de maio, a Catedral de Santiago de Compostela acolleu a Eucaristía de Acción de Grazas polo Ministerio Episcopal do mons. Julián Barrio exercido ao longo de 30 anos na Arquidiocese.

Ás 10:30 hs comezaba a Celebración presidida por mons. Barrio, acompañado polo arcebispo electo de Santiago mons. Francisco Prieto, o bispo da Diocese de Ourense mons. Leonardo Lemos, o bispo da Diocese de Tui-Vigo mons. Luís Quinteiro, así como mais dun centenar de presbíteros e unha ampla representación de todos os fieis diocesanos.

 

“A miña barca quedará varada dentro duns días, ata que o Señor me fagame esa última e definitiva chamada para facer esa travesía ao outro extremo onde espera Xesucristo resucitado”. Con estas palabras comezaba a homilía Don Julián. E engadiu: “Dou grazas a Deus por estes anos de Ministerio nos que fun experimentando que o Señor enriquece a pobreza e fortalece a fraxilidade, lembrando que é El quen me chamou, elixiu e enviou, sen merecemento algún pola miña banda”.

Mons. Barrio afirmou que intentou ser ponte, consciente de que a ponte debe estar unido ás dúas beiras para que poida servir: “Do que non puidese conseguir, o responsable son eu. Do conseguido, dou grazas a Deus e aos que me acompañastes”.

Don Julián agradeceu ao Papa San Xoán Paulo II que lle encomendou o Ministerio Episcopal, aos papas Bieito XVI e Francisco polos seus signos de benevolencia que tiveron coa igrexa que peregrina en Santiago. E deu grazas tamén pola colaboración e dispoñibilidade que sempre tivo nos bispos auxiliares, vigairos, sacerdotes, membros de vida consagrada e laicos, e autoridades civís: “Desde que cheguei atopeime co voso afecto, comprensión e acollida que tanto me axudaron. Sendo cristián convosco e bispo para vós.” Especial gratitude para a súa familia e para as fillas da natividade de María “con cuxa axuda sen dúbida foime posible realizar tamén o ministerio episcopal”.

A continuación, tivo lugar un acto de homenaxe a Don Julián na igrexa de San Martiño Pinario, presentado polos xornalistas Paula Paxaro e Alejandro López, e no que se foron intercalando vídeos, testemuños de agradecemento e música.

O fío condutor foi a súa lema episcopal: “Na túa Palabra botarei as redes”. Participaron Yolanda Sánchez, Pastoral Penal; Sor Margarita, Filla da Caridade, Carmen, unha moza que recitou unha poesía; Rubén Aramburu, Sacerdote, o primeiro en ser ordenado por D. Julián; Fredi e Loli, matrimonio e representantes no Sínodo; María Beatriz García Villar e Ramón Javier Millán Pérez, catequistas; e Sor Alicia, relixiosa.

A parte musical correu a cargo do grupo “PEDAL: Potente Equipo D Animación Litúrxica” e dunha familia de Fisterra.

O acto finalizou cun fondo sentir agradecido de D. Julián Barrio aos diocesanos: