En directo: Acto de inauguración da #PEJ22

O Obradoiro acollerá o acto inaugural da peregrinación, que comezará ás 18:30 h., cunha duración dunha hora e media.

O acto comezará coa saída de gaitas de Redegaita, que interpretarán o himno do antigo reino de Galicia. O arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, sairá desde a catedral coa Cruz e a Icona da JMJ. e intervirá o arcebispo de Zaragoza, Mons. Carlos Escribano, presidente da Comisión Episcopal para os Laicos, Familia e Vida. Seguidamente tres peregrinos intervirán para dar o seu testemuño de peregrinación: Alejandro Kovalic, Mariana Anjós e Rocío Navarro.

A continuación terá lugar un momento de oración, que finalizará coa procesión dos bispos, a cruz e a icona de María e a imaxe de Santiago peregrino ata S. Froitoso, onde permanecerán durante toda a PEJ.

Ademais da música, que estará presente en todos os actos da PEJ, intervirán mozos e mozas que fixeron o camiño e o arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, que dará a benvida aos 12.000 peregrinos. Este acto ofrecerase en directo a través da canle de Youtube da Conferencia Episcopal Española.