Encontro de D. Francisco coas Relixiosas Servas de María, en A Coruña

Este sábado, 4 de novembro, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu unha Eucaristía na Congregación das Servas de María, situada na zona da Cidade Xardín, na cidade de A Coruña.

As Servas de María Ministras dos Enfermos comezou a existir no século XIX, precisamente un 15 de agosto de 1851. Fieis ao carisma da súa fundadora, Santa María Soidade Torres Acosta, as Servas de María continúan exercendo o seu labor de asistencia aos enfermos, en hospitais e outros centros de saúde. O seu lema, “Estive enfermo e visitástesme”.