Encontro de mons. Julián Barrio cos Pueri Cantores de España

Este luns, 29 de agosto, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu na Catedral compostelá unha Eucaristía á que asistiu a Federación Española de Pueri Cantores de España.

Esta Federación agrupa a coros infantís e xuvenís de toda España cun denominador común, seguir o lema de mons. Fernand Maillet, Fundador dos Pueri Cantores: “Que todos os nenos do mundo canten a paz de Deus”.