Encontro de monseñor Barrio cos integrantes da permanente de Cáritas Diocesana

  • Nun arquivo gráfico recórdase gran parte do traballo desenvolvido baixo a súa presidencia
O arcebispo emérito, monseñor Julián Barrio, mantivo un encontro cos integrantes da Permanente de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, durante o cal se falou do traballo desenvolvido ao longo de case tres décadas e agradeceulles a misión que levaron a cabo neste tempo .Na súa intervención o prelado lembrou os responsables de Cáritas, que integran o máximo órgano executivo da institución, que son moitos os modos e maneiras que se teñen para realizar o servizo que o próximo máis necesitado demanda. Insistiu en que “a caridade é o selo que autentica o achegamento aos demais”.
Monseñor Barrio pasou revista aos anos vividos cos responsables de Cáritas para axudar as persoas máis desfavorecidas, animounos a que sigan nesta misión que “conleva esforzos e entrega”, sabendo que as persoas que nela traballan comprométense cun servizo voluntariamente ofrecido.

 

No transcurso do encontro fíxoselle entrega a monseñor Barrio dun archivo gráfico, elaborado por un amplo equipo de xgentes, no que se reflicte gran parte do traballo desenvolvido en distintos programas e centros baixo a súa presidencia de Cáritas Diocesana.