O pasado sábado 9 de outubro tiñamos o segundo encontro de voluntarios para a preparación da Peregrinación Europea da Mocidade (PEM22).
Atopámonos pola mañá no Seminario Menor de Santiago e despois, dunha acollida e dun momento de oración, puidemos gozar de Tomás Páramo e María G. de Jaime, un matrimonio novo moi activo nas redes sociais que nos compartiron o seu testemuño de fe.
A continuación, os voluntarios de Pedras Vivas guiáronnos a través dunha ruta por Compostela para coñecer mellor o Apóstolo e como se reflicte na arte da cidade.
Pola tarde, presentamos as distintas comisións de traballo para a preparación da Peregrinación Europea da Mocodade e todo o labor que xa están realizando. Deste xeito imos conformando o equipo de voluntarios aos poucos; e para pechar este día tan completo celebramos xuntos a Eucaristía.
Se aínda non estás inscrito como voluntario, podes facelo aquí.