Encontro Diocesano de Catequistas

Sábado 2 de marzo de 2024

«Señor, ensínanos a orar» (Lc. 11,1)

Queridos catequistas:

Un ano máis, e nesta ocasión dentro do «Ano dedicado á oración» en preparación a Gran Xubileu Romano de 2025, a Delegación Episcopal de Catequese e Catecumenado convídavos a participar neste encontro.
Reunirémonos baixo o lema «Señor, ensínanos a orar«, que é a petición que un día os discípulos fixeron a Xesús. A oración non só constitúe unha das catro tarefas fundamentais que cos nosos servizo-ministerio desenvolvemos como catequistas (v. Directorio para a Catequese, 86-87), senón que é fundamental para alimentar nosa propia vida cristiá e a nosa misión.
En efecto, como o aceite antigamente na lámpadas, a oración é o aceite que alimenta a chama da nosa vida e fai alumar a nosa misión.
CARTA DE INVITACIÓN do noso Arcebispo
Con este feliz motivo e para animarnos a participar tanto no Encontro de Catequistas, co o que celebraremos o Día Diocesano do Catequista  como festexar Día a catequese nas parroquias,, como a festexar o que será ao domingo seguinte, día 10 marzo, o Arcebispo escribíanos unha Carta.
Podes compartir o seu contido nas redes cos teus compañeiros catequistas a través das Infografías que preparamos.
PROGRAMA
A continuación ofrécese o Programa do día, que está deseñado de tal maneira que se poida participar en cada un dos seus momentos segundo as necesidade e as esixencias de cada catequista.
Teremos dous momentos fundamentais repartidos entre a mañá e a tarde:
PROGRAMA (mañá)
10:00 – Acollida e entrega de materiais; benvida e oración inicial ((Colexio Compañía de María: entrada lateral polas Trompas)
10:30 – Formación sobre os Oratorios de nenos na catequese
11:30 – Presentación do novo Catecismo de adultos “Buscade ao Señor”
11:50 – Presentación dunha proposta para vivir e orar cos santos o Noso Pai en familia
12:30 – Sesión práctica de oración desde os sentidos (Igrexa do Mosteiro de San Paio de Antealtares).
14:00 – Xantar de confraternidade e Acto de recoñecemento dos catequistas que celebran vodas de prata, ouro, platino e máis de 60 anos de ministerio (Comedor monumental do Mosteiro de san Martiño Pinario: entrada hospedería).
PROGRAMA (tarde): Retiro de Coresma para catequistas
Está aberto para todos os catequistas, aínda que non participasen no Encontro, e tamén para sacerdotes, consagrados, outros axentes de pastoral e calquera interesado. Seguirase a metodoloxía de Godly Play.
16:30 – 18:30 – Retiro «Non só de pan vive o home» LUGAR: (Mosteiro de san Martiño Pinario: entrada principal ITC, na sala Godly Play).
19:00 – Vésperas solemnes coas Madres Beneditinas LUGAR (Igrexa do Mosteiro de San Paio de Antealtares ).
INSCRICIÓNS E AVISOS
É posible participar en calquera dos momentos e actividades programadas. Pero, por motivos de organización, será necesario inscribirse de maneira gratuíta indicando en que se participará.
Inscríbete aquí ou a través do Código QR do flyer
Para o xantar de confraternidade é absolutamente necesario anotarse ao realizar a inscrición. O prezo do menú é de 15€; e 2€ máis de donativo para quen o queira realizar, o que axudará a sufragar os gastos do Encontro.
No formulario de inscrición facilitaranse as formas para facer o pago.
PREPÁRATE EN GRUPO XUNTO CO RESTO DE CATEQUISTAS
PONTE EN MODO «ENCONTRO  DIOCESANO DE CATEQUISTAS» Desde a Delegación de Catequese da Arquidiocese de Santiago, convidámosvos a prepararnos para este encontro compartindo o tema de formación para a reunión MENSUAL de catequistas.
Tema de Formación
ESPERÁMOSVOS A TODOS!