Encontro do arcebispo coa comunidad educativa do colexio A Milagrosa Josefa Sobrido

Este xoves 18 de abril, o Arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, desprazouse a Oleiros para ter un encontro co alumnado de infantil, primaria, secundaria e profesorado do colexio A Milagrosa Josefa Sobrido de Oleiros-Ribeira.
Durante a xornada, a comunidade educativa convidou o arcebispo a plantar unha oliveira no horto do centro educativo, como símbolo da paz, sabedoría e esperanza. O equipo directivo quixo así facer unha analogía con “o crecemento lento e paciente, e elixímolo como representación dos nosos alumnos, que entran con tres anos e saen con dezaseis”.