Encontro do arcebispo cos capeláns de hospitais

Como se pode mellorar a atención que brindamos aos enfermos hospitalizados e ás súas familias?, como se pode mellorar o acompañamento que tamén ofrecemos aos profesionais que traballan nos nosos hospitais públicos e privados? Este era o obxectivo do encontro desta mañá do arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, e do seu delegado diocesano para o servizo do desenvolvemento humano integral, José Ramón Amor Pan, cos capeláns hospitalarios. Un encontro, que se desenvolveu en San Martiño Pinario, no que tamén participou o vigairo de pastoral, Javier Porro Martínez.

O arcebispo compostelán quere situar de maneira efectiva a Pastoral da Saúde como un dos eixos fundamentais do traballo pastoral diocesano.

Os capeláns de hospital realizan unha tarefa indispensable dentro do proceso de humanización sanitario tan necesario na contorna do enfermo. Unha tarefa que sexa sempre un alivio para o enfermo e a súa familia. E, neste sentido, o primeiro é escoitar a quen está traballando xa nese ámbito, coñecer de primeira man os seus problemas, os seus desexos, as súas necesidades.

Coa misión e camiño de acompañar, coidar, consolar, préstase un especial coidado aos máis fráxiles e vulnerables, cunha especial preocupación por atender a contorna das súas familias nos momentos que máis o necesitan, así como apoiar, favorecer e acompañar para un mellor labor e estado a coidadores e sanitarios.