Encontro do arcebispo cos laicos do novo Arciprestado do Salnés

Na tarde do mércores 17 de abril, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, mantivo un encontro cos laicos do novo Arciprestado do Salnés na Parroquia de Caleiro, acompañado do Vigairo de Pastoral, Javier Porro, e do Vigairo Territorial de Pontevedra, Luis Seoane.
Durante a reunión valorouse positivamente o traballo conxunto para organizar a acción pastoral con criterios comúns, facilitando o crecemento da vivencia da fe e a mellora na atención das comunidades parroquiais.
Ademais falouse do Ano da Oración 2024 que estamos a celebrar, da Sinodalidade aplicada aos novos Arciprestados e do Primeiro Anuncio que debe aparecer como tarefa e instrumento para a conversión pastoral.
Este Arciprestado abarca as parroquias de Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Grove (O), Illa de Arousa (A), Meaño, Meis, Moraña, Poio, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa; e a parroquia de Campañó (Pontevedra).

).