Encontro do arcebispo cos sacerdotes da zona de Pontevedra

Esta mañá, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, mantivo un encontro cos sacerdotes da zona de Pontevedra, na Parroquia Lérez, acompañado do Vigairo de Pastoral, Javier Porro, e do Vigairo Territorial de Pontevedra, Luis Seoane.

Esta reunión enmárcase dentro dos encontros que o arcebispo e os vigairos están a manter con sacerdotes, laicos e membros de Vida consagrada… para fomentar o traballo en equipo, organizar a acción pastoral, mellorar na atención das comunidades parroquiais etc.

Ademais falouse do Ano da Oración 2024 que se está celebrando, da Sinodalidad aplicada aos novos Arciprestados e do Primeiro Anuncio que debe aparecer como tarefa e instrumento para a conversión pastoral.