Encontro do Arcebispo cos usuarios do Centro Vieiro

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, cursou unha visita ao Centro de Atención Continuada Vieiro de Cáritas  Diocesana de Santiago de Compostela con  motivo de cumprir o primeiros seis anos de funcionamento destas dependencias que a diario atende a numerosas persoas sen  teito. Durante o seu percorrido foi informado por Patricia Camiña, coordinadora do centro, dos traballos que levan a cabo, á vez que departiu con  usuarios que naqueles momentos permanecían nas instalacións.

Manifesto

Un dos usuarios foi o encargado de dar lectura ao Manifesto elaborado con motivo da Campaña de Persoas sen Fogar no que entre outras cuestións piden que “o dereito humano á vivenda sexa unha prioridade”. Inciden en que cando non hai vivenda “vulnérase  o dereito á auga, á hixiene, á seguridade, á alimentación, ao uso de tecnoloxías, a ter unha dirección para as xestións. Tamén  á saúda física e mental”.

Á sociedade pídenlle que “amplíe a mirada e que se poña no lugar das persoas que viven unha situación diferente. Máis aló das circunstancias de dificultade as persoas teñen un pasado e un futuro digno”.

Puertas abertas

Para o arcebispo os traballos que levan a cabo con  este colectivo de persoas son sempre “portas abertas de oportunidades e de esperanzas”. é o motivo polo que insistise nunha chamada á sociedade para a que

Mencionou que todo ser humano ten dereito á vida, indicando que se trata dun compromiso ineludible da sociedade, “debémonos involucrar, nunha sinerxia solidaria sen barreiras nin prexuízos de calquera signo, todas as institucións civís e relixiosas, pois no centro dos seus obxectivos e proxectos ha de estar cada persoa e as súas necesidades máis elementais”.

Pola súa banda o director de Cáritas, Anuncio Mouriño lembroulles  que o camiño para seguir “tedes que facelo de maneira persoal”, constatando que desde a entidade terá toda a axuda e o apoio necesario para podelo realizar.

Despois da visita do prelado celebrouse unha  comida de confraternización na que participaron usuarios que diariamente acoden a estas  dependencias.

Fonte: Cáritas