Encontro de D. Francisco Prieto co profesorado de Relixión

O sábado 28 de outubro na Casa de Exercicios de Santiago tivo lugar a primeira formación do curso 23-24 para o profesorado de Relixión titulado:”Formación e coidado do profesorado de Relixión católica”.

O Arcebispo, mons. Francisco Prieto, inaugurou a xornada e foi clausurada pola Delegada Episcopal de Ensino, Begoña Díaz.

O relator foi D. Óscar Alonso Peno, teólogo, psicólogo, educador e responsable da área pastoral da Fundación Educación Católica. Na mesma xornada abordáronse aspectos relativos á identidade e os retos do profesor de relixión na actualidade, o seu labor evanxelizador e a súa mediación para chegar a tocar o corazón do alumnado.

Esa mesma mañá tivo lugar tamén o primeiro encontro do curso dos Delegados episcopais de Ensino da Provincia Eclesiástica.