Felicidades, Don Julián

A Arquidiocese compostelá está de festa, pois nesta xornada cúmprese o XXIX aniversario da Ordenación Episcopal do noso arcebispo, mons. Julián Barrio Barrio. Un 7 de febreiro de 1993, en pleno Ano Santo, recibiu a Ordenación Episcopal na Catedral compostelá como bispo titular de Sasabe e auxiliar de mons. Antonio María Rouco Varela. Tres anos despois, o 25 de febreiro de 1996 tomaba posesión da Sede Compostelá tras ser nomeado arcebispo polo papa san Xoán Paulo II. Felicidades, Don Julián.