Festividade da Traslación do Apóstolo Santiago

O Arcebispo de Santiago, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Francisco Prieto, preside este sábado 30 de decembro (11:40 h), na Catedral de Santiago, a Festividade da Translación do Apóstolo Santiago. Nela conmemórase o traslado do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, desde Jaffa (Palestina) ata Galicia, para recibir sepultura no lugar no que hoxe se levanta a catedral. Durante a misa ten lugar a tradicional Ofrenda Nacional, por parte do Excmo. Sr. Delegado Rexio, nesta ocasión D. Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.