Festa da Virxe Peregrina de Pontevedra

Hoxe, segundo domingo de agosto, é o día da Divina Virxe Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra. O Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu esta mañá, ás 12:00hs, a Solemne Eucaristía na basílica da Peregrina, en Pontevedra. Ademais dos sacerdotes concelebrantes participou un gran número de fieis, así como unha representación de autoridades civís.

Xa pola tarde, ás 21:00 hs., tivo lugar a procesión, tamén presidida por mons. Prieto, polo habitual percorrido das rúas pontevedresas.