A Parroquia de Fisterra está a celebrar, desde onte venres e ata mañá domingo, as festas patronais en honra a San Roque, a Virxe do Carme e Santa María das Areas, Patroa da vila.
Hoxe celébrase a festividade da Virxe do Carme. Ás 10.30h, comezaba a xornada con procesión acompañada da Banda de Música de Cee. Despois, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto, presidiu a Misa Solemne.
Ao seu termo, tivo lugar a procesión marítima e a ofrenda polos que morreron no mar.