Guion litúrxico para a Festa da Translación 2021

Xoves, 30 de decembro de 2021

Festa da Translación do Apóstolo Santiago

Os invitados entran poa Porta do Obradoiro, a partir das 11:15 h. Ás 11:35 h., o Excmo. Sr. Delegado Rexio e as principais autoridades son recibidos na Porta do Obradoiro por unha Comisión Capitular e acompañados á Capela de Reliquias.

Ás 11.40 h. iníciase a procesión polo claustro.

Mentres, na Catedral, o Cóengo Lectoral fai a monición inicial.

Cando o Excmo. Sr. Arzobispo chega á altura da Capela das Reliquias, saúda as autoridades que, acompañados pola Comisión Capitular, incorpóranse entón ao Cortexo Litúrgico, detrás do Excmo. Sr. Arzobispo, e participan na procesión polas naves da Catedral, seguindo aos portadores que levan a imaxe do Apóstolo Santiago.

Na nave Acibecharía, detense o cortexo mentres soan as chirimías e funciona o “Botafumeiro”.

Ao terminar, a procesión renóvase polo corredor dereito da nave central e encamíñase cara ao Pórtico da Gloria. Chegados alí, detense o cortexo e os portadores da Imaxe víranse cara ao Excmo. Sr. Arzobispo, para escoitar o “motete” en honor do Apóstolo Santiago, cantado polo coro na tribuna do Pórtico: O beate Iacobe. (S. Tafall)

Finalizado o motete, o Cantor entona o “Gloria Patri”, e soa o órgano, mentres a procesión encamíñase de novo cara ao Altar Maior para comezar a Misa Estacional.

Ao chegar á altura do transepto, os portadores da imaxe do Apóstolo sitúanse ao carón, mentres os compoñentes da procesión van pasando de dous en dous ante ela e fanlle reverencia, dirixíndose logo cara ao altar.

Feita a xenuflexión antes de subir as gradas do presbiterio, bican o altar e diríxense aos lugares que teñen reservados no presbiterio. As autoridades e o Delegado Rexio, acompañados pola Comisión Capitular, ocupan os lugares preparados para eles.

Cando o Excmo. Sr. Arzobispo se situa na Sé comeza a MISA ESTACIONAL NA TRASLACIÓN DO APÓSTOLO SANTIAGO.

 

Monición.

Kirie e Gloria: Missa Ad Piisimam Mariam (Melchor López Ximénez).

Oración colecta.

 

Liturxia da Palabra

Monición ás lecturas.

1ª lectura: Hch 4, 33; 5, 12. 27-33; 12, 2. O rei Herodes fixo pasar a coitelo a Santiago (castelán).
Salmo responsorial (Cantor e Coro) Sal 66. Oh Deus lóente os pobos, (Manuel Cela)
2ª lectura: 2Co 4, 7-15. Levamos no corpo a morte de Xesús (galego).
Aclamación: Aleluia gregoriano. Oh glorioso Apóstolo Santiago. (Nemesio García Carril)
Evanxeo.

Bendición do Sr. Arzobispo co Evanxeliario. Órgano.

 

Logo da bendición, o Excmo. Sr. Delegado Rexio, acompañado pola Comisión Capitular, comeza a súa Invocación-Ofrenda, desde o mesmo lugar en que está situado, á que responde inmediatamente o Sr. Arzobispo coa súa Resposta-Homilía. Todos se manteñen de pé durante a invocación do Oferente e sentados durante a Homilía do Sr. Arzobispo.

 

Credo (Rezado).

Monición.

 

Liturxia Eucarística

Presentación das ofrendas (Órgano).

Incensación: o diácono inciensa ao Sr. Arzobispo, ao Excmo. Delegado Rexio, aos concelebrantes e ao pobo.

Prefacio da festa de Santiago

Sanctus: Missa Ad Piisimam Mariam (Melchor López Ximénez).

Pregaria eucarística.

 

Rito da Comuñón

Noso Pai

Agnus Dei: Missa Ad Piisimam Mariam (Melchor López Ximénez).

Comuñón: Adoramus che Christe. (Claudio Monteverdi).

Oración logo da Comuñón.

Monición final.

Bendición do Sr. Arzobispo.

O diácono despide a asemblea: “Podedes ir en paz”.

Órgano.

 

O Sr. Arzobispo bica o altar e, volto ao sagrario, fai a xenuflexión con todos os concelebrantes. A continuación, o Pincerna abre o Cortexo Litúrgico, pola mesma orde que na procesión de entrada, a través da nave central.

Os membros de protocolo inician, entón, a saída dos invitados, pola nave central cara á porta do Obradoiro. O Excmo. Sr. Delegado Rexio e as autoridades principais permanecen nos seus sitios mentres se pon en marcha o Cortexo Litúrgico e incorpóranse a el detrás do Excmo. Sr. Arzobispo.

Ao chegar ao Pórtico da Gloria, o Excmo. Sr. Arzobispo despídese do Excmo. Sr. Delegado Rexio e das principais autoridades, que saen pola porta do Obradoiro e encamíñanse ao Concello. A procesión litúrxica continúa cara ao claustro pola porta do Tesouro.

Os fieis que ocupan a nave de Praterías van saíndo cara á porta de Praterías; e os fieis que ocupan a nave de Acibecharía inician a saída pola porta de Acibecharía.

Os concelebrantes encamíñanse á Sala Capitular e, unha vez deixados o ornamentos litúrxicos, unha Comisión do Excmo. Cabido acompaña ao Excmo. Sr. Arzobispo ata a porta da Acibecharía.