II Encontro Mundial de Asociaciones de Amigos do Camiño de Santiago

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, participa no II Encontro Mundial de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, organizado pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, o Xacobeo e Turismo de Galicia (Xunta de Galicia), que se está celebrando en Santiago os días 19, 20 e 21 de outubro.
Baixo o lema “Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. Memoria e Futuro”, organízanse mesas redondas dedicadas ás asociacións de América, Asía e Oceanía e Europa que, ademais de presentar traballos e propostas, teñen un gran protagonismo: son xornadas de participación e labor intensa para revisar o feito nestes anos tan complicados –en particular, pola pandemia recentemente superada– e, sobre todo, para mirar ao futuro con proxeccións entusiastas.