Inaugurado o Curso 2024/25 no Seminario Menor e na Casa do Neno

Este mércores 11 de setembro comezou un novo curso escolar para o alumnado de Infantil, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato nos distintos centros de Galicia. O curso comezou tamén para estudantes matriculados no Seminario Menor de Santiago e na Casa do Neno.

A xornada comezou, como é habitual, cunha Eucaristía na Capela do Seminario presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, acompañado polo arcebispo emérito, mons. Julián Barrio, así como por formadores e membros destas comunidades educativas.

Na homilía, mons. Prieto pediulles que se sintan parte dun proxecto fermoso de formación integral: “somos presente e o Señor conta con cada un de nós”.