O sacerdote Santiago Romero iniciou o seu ministerio pastoral como párroco de Nosa Señora dos Rosais, Nosa Señora do Socorro, San Pedro de Visma e San Pío X e San Roque, no Arciprestado de Riazor e termo municipal da Coruña (A Coruña).
Na tarde de hoxe domingo, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presentou ao novo sacerdote que pastoreará estas comunidades nunha Eucaristía, celebrada na Parroquia de Nosa Señora dos Rosais. Estivo acompañado, entre outros, polos sacerdotes adscritos á Unidade Pastoral: Antonio Rodríguez, José Antonio Martínez e Justiniano Vecino.