Inscrición para a JMJ Lisboa 2023

Despois do vivido na Peregrinación Europea da Mocidade 2022 este verán, a mocidade está desexando ir por máis e participar na Xornada Mundial da Mocidade de Lisboa 2023. Desde a diocese de Santiago de Compostela propoñémosche o seguinte planning de peregrinación:

26 xullo. Saída de Galicia e chegada a AVEIRO

27- 31 xullo. AVEIRO – Participaremos nos Días na Diocese acollidos en familia, gozaremos de actividades a nivel parroquial e de arciprestado, teremos tempo libre para coñecer o lugar, a cultura, a mocidade da “Venecia portuguesa”, ir á praia… Xa estes días  encontraremonos con xente de todo o mundo.

31 xullo. LISBOA – Participaremos no Encuentro de Españois.

1-6 agosto. LISBOA – Seremos parte deses centos de miles de mozos que se encontrarán co Papa Francisco na Xornada Mundial da Mocidade.

6 agosto. Saída para COÍMBRA – De camiño á casa teremos dous días de convivencia entre nós e cos demais mozos galegos para repousar todo o vivido.

8 agosto. Chegada á casa.

O prezo total da viaxe son 495€, que se poden pagar en tres prazos:

  • Antes do 15 de febreiro de 2023: 95 €
  • Antes do 15 abril de 2023: 200 €
  • Antes do 1 de xuño de 2023: 200 €

Pódese realizar o ingreso na seguinte conta:

ES21 2080 0348 3530 0005 2547

Concepto: Nome e apelidos + JMJ Lisboa 2023

Beneficiario: Arcebispado de Santiago de Compostela.

Para poder custearnos a viaxe, a mocidade de Santiago organizarémonos para conseguir o diñeiro necesario, para que ningunha persoa quede sen participar por motivos económicos.

Pouco a pouco iremos publicando máis detalles. Se queres participar, podes inscribirte no seguinte formulario antes do 1 de xuño, día en que se pechará a inscrición.