Intervencións na presentación do Encontro de Empresarios Católicos

Santiago de Compostela acollerá os próximos 31 de marzo e 1 de abril o Encontro de Empresarios Católicos. Ano Santo 21-22, a iniciativa do Arcebispado de Santiago co patrocinio da Xunta de Galicia e Abanca. Trátase dun espazo para reflexionar sobre a ética, o compromiso, o emprego, a responsabilidade social e a doutrina social da Igrexa, que reunirá a destacadas personalidades da Igrexa e tamén do mundo económico, empresarial e académico, tal e como sinalou o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio na presentación do encontro esta mañá no Seminario Maior este venres 11 de febreiro. Un acto no que estiveron tamén presentes o bispo auxiliar, Francisco José Prieto, o reitor de Seminario Maior, Carlos Álvarez, o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.