José Fernández Lago é elixido Deán da Catedral de Santiago

O Cabildo da Catedral de Santiago, tras reunión extraordinaria celebrada o pasado sábado 13 de febreiro, elixiu como Deán Presidente a D. José Fernández Lago. Substitúe no cargo a D. Segundo Pérez. O nomeamento xa foi confirmado polo Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio. O nomeamento realízase por un período de catro anos, renovable por outro período consecutivo.

Ademais, con data de hoxe, o Arcebispo nomea tamén Secretario Capitular a D. Elisardo Temperán Villaverde, Cóengo Prefecto de Cerimonias.

José Fernández Lago

Nacido en Carril o 12 de outubro de 1944. Ordenado sacerdote o 23 de xullo de 1967.

É licenciado en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana (Roma), en 1969; Licenciado en Sacra Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico (Roma), en 1972 e Estudos de L’ Ecole Biblique et Archaeologique Francaise, en 1973.

É Doutor en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana, coa tese sobre «A Montaña, nas Homilías de Orixes», en 1992.

Foi Vicerreitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela entre 1973 e 1986.

É cóengo Lectoral da SAMI Catedral de Santiago, desde decembro de 1978.

Foi Secretario do Instituto Teolóxico Compostelán (1987-1999) e Director do mesmo entre 2010 e 2015.

Tamén en Profesor Titular de Introdución ao Novo Testamento e Sinópticos, e de Escritos Joánicos.

Publicacións:

La Montaña, en las Homilías de Orígenes, Seis libros de divulgación teológica y la Introducción, traducción y notas a las Homilías al libro de los Números, de Orígenes; e Introducciones, traducción y notas de bastantes libros de la Biblia en gallego, del que fue coordinador.

Vida y novena en honor de San Pelayo, Santiago de Compostela: J. Fernández, 2016.

Viacrucis de la misericordia: la vida de Jesús, un reflejo del rostro misericordioso del Padre, Santiago de Compostela: J. Fernández, 2016.

Vida y novena a San Martín, Santiago de Compostela: J. Fernández, 2015.

Vida y novena a Santa Lucía, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2014.

Vida y novena a San Adrián, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2014.

Vida y novena a San Adrián da Piña: Parroquia del Divino Salvador de Sofán, Santiago de Compostela: [J. Fernández], 2014.

Ejercicio del Santo Viacrucis: el camino de Jesús, luz para la existencia humana, Santiago de Compostela: Monasterio de Benedictinas de S. Paio, 2014.

Vida y novena a S. Andrés: (el apóstol que se venera en Teixido), Santiago de Compostela: J. Fernández, 2014.

Vida y novena a San Pedro Mezonzo, obispo de Iria-Flavia, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2014.

Novena en sufragio por los difuntos, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2013.

Novena en honor de san Roque, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2013.

El Apóstol Santiago: vida, muerte y sepultura: jubileo y peregrinación a Santiago: novena a Santiago el Mayor, Santiago de Compostela: Cabildo Catedral de Santiago, 2012.

Las mujeres del Evangelio, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2011.

Ésta es mi Iglesia, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2010.

Jesús cuenta su vida, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2008.

Os nosos santos, Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano, 2006.