A Igrexa Diocesana mantén as súas achegas a Cáritas, Cociñas Económicas, Comedor Franciscano de Pontevedra e Residencia Padre Rubinos de A Coruña por valor de 150.000 euros

O Arcebispado de Santiago de Compostela acaba de facer efectivas as súas achegas ás entidades de carácter social que traballan en prol dos máis vulnerables e desfavorecidos, unha medida necesaria sobre todo ante a situación provocada pola pandemia do coronavirus e a crise subseguinte. Deste xeito, a Arquidiocese mantén o esforzo económico de destinar a estes fins 150.000 euros que se distribúen así: a Cociña Económica de Santiago 20.000 euros; a Cociña Económica da Coruña 20.000 euros; Comedor franciscano, en Pontevedra 10.000 euros; Institución Benéfico Social Padre Rubinos, na Coruña 10.000 euros; e Cáritas Diocesana 90.000 euros.

Esta última institución, Cáritas Diocesana, vai contar ademais cunha achega procedente da asignación para fins sociais procedente da Conferencia Episcopal Española (CEE), cun valor de 106.000 euros.

Como se sabe, nos orzamentos diocesanos, a atención ás necesidades sociais e pastorais constitúe unha prioridade. E para iso son necesarias as achegas dos fieis, que se poden realizar a través da parroquia ou da Administración diocesana no nº de conta: ES38 2080 3561 9330 4000 3487 de ABANCA, ou no portal www.donoamiiglesia.es tratando de aliviar as consecuencias xeradas pola pandemia.