Mañá, xoves, comeza o “Encontro de Empresarios Católicos. Ano Santo 21-22”

  • Máis de cento cincuenta empresarios, directivos e profesionais inscribíronse neste encontro que terá lugar en Santiago o 31 de marzo e o 1 de abril.
  • O nuncio do Papa e o presidente da Conferencia Episcopal Española, entre outros representantes institucionais, civís e eclesiásticos, participarán no encontro.

A proposta da Doutrina Social da Igrexa ante a realidade económica actual e o desenvolvemento humano integral será o eixo do “Encontro de Empresarios Católicos. Ano Santo 21-22”, que terá lugar en cidade compostelá este xoves 31 de marzo e o venres 1 de abril, a iniciativa do Arcebispado de Santiago co patrocinio da Xunta de Galicia.

Nestas xornadas, para as que se inscribiron máis de cento cincuenta empresarios, directivos e profesionais, participarán destacadas personalidades da Iglesia, así como do mundo económico, empresarial e académico.

A Praza da Quintana será, a partir de as 19:00 hs, o lugar sinalado para congregar a todos os rexistrados. Acto seguido, todos entrarán na Catedral de Santiago pola Porta Santa para participar na Misa do Peregrino presidida polo mons. Julián Barrio, na que presentará a ofrenda ao Apóstolo o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Vieites.

Posteriormente na Igrexa de San Martiño Pinario, o Nuncio da súa Santidade en España, monseñor Bernardito Auza, dirixirase cunha breve alocución aos asistentes, tras a cal dará comezo o Concerto de Benvida ofrecido polo Orfeón Terra A Nosa.

A xornada do venres iniciarase a partir das 9:30 hs. no Salón Peregrinos da Hospedería San Martiño Pinario. No acto de apertura participarán o presidente da Conferencia Episcopal, o cardeal Juan José Omella, o presidente Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Vieites, o Director Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Fernando Guldrís, e do arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio.

O encontro desenvolverase con relatorios e mesas de debate, nas que se poñerá en valor o papel da Igrexa na economía, a educación, o medioambiente ou a cultura.

O bispo de Bilbao, monseñor Joseba Segura, será o encargado de impartir a conferencia sobre “Doutrina Social da Igrexa”; así mesmo, Stefano Zamagni, presidente da Academia Pontificia de Ciencias, falará sobre “A Economía do Ben Común” e Julio Luís Martínez, ex reitor da Universidade de Comillas, analizará “O mundo da empresa na acción social da Igrexa”.

Das tres mesas redondas, a primeira, Educación e Cultura, estará moderada polo director do O Debate, Bieito Rubido. Contará coa presenza de Juan Antonio Perteger, CEO de Slam Universities e promotor de centros educativos católicos; Juan Ignacio Vela, presidente do Grupo Social Lareiras e Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC.

Do mesmo xeito, Fernando de Haro, xornalista de Cope, coordinará a segunda mesa redonda sobre Economía, Empresa e Traballo, na que intervirán Javier Fernández-Cid, presidente de Acción Social Empresarial (ASE); Rufino Orellas, presidente de Química do Nalón, e Guadalupe Murillo, deputada e directora xeral de Pescamar.

Na terceira das mesas abordaranse cuestións relacionadas coa Bioética, Ecoloxía e a Responsabilidade Social. Silvia Rozas, directora da revista Eclessia dirixirá o espazo de diálogo no que participarán Alfred Sonnenfeld, catedrático de Antropoloxía e Ética da Universidade Internacional da Rioxa, o profesor de investigación do CSIC, Antonio de Ron e a delegada do Reitor de Coordinación institucional da Universidade de Vigo e conselleira de Aceites Abril, Elena Rivo.

A Clausura do Encontro correrá a cargo do bispo auxiliar de Santiago, mons. Francisco Prieto e da Directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.