Máis de 2.000 diocesanos marcaron por primeira vez o apartado da Igrexa na Declaración da Renda

A Conferencia Episcopal Española acaba de presentar os datos da campaña da Renda do ano 2022 que corresponde ao exercicio fiscal de 2021.

Nas cifras provisionais constátase que aumentou en 84.201 o número de declaracións en favor da Igrexa (máis do dobre que no ano anterior), o que supón un importante respaldo ao labor da Igrexa o que lle vai a permitir facer fronte ao aumento das necesidades sociais nun contexto económico difícil. En conxunto, máis de 8,5 millóns de españois marcan o apartado da Igrexa.

Neste senso, a asignación tributaria supón como media o 22% do financiamento das Dioceses, un auténtico mecanismo de comuñón eclesial de recursos que permite manter a acción pastoral en lugares nos que, doutro xeito, sería case imposible.

Máis concretamente, na Arquidiocese de Santiago de Compostela case 200.000 persoas marcaron a X na Declaración da Renda, das cales 2.000 fixérono por primeira vez no pasado exercicio.

Fernando Barros, ecónomo diocesano “agradece o compromiso de todas as persoas que sosteñen a importante actividade da Igrexa compostelá”. E engade que “grazas a estas achegas é posible incrementar os gastos dedicados ás accións pastorais, aos Centros de Formación, e á conservación de edificios e gastos de funcionamento”.

A Oficina de Transparencia da CEE prepara xa a Memoria de actividades da Igrexa católica en España 2021, onde dará conta detallada da aplicación desta cantidade resultante da X da declaración da renda e de toda a actividade da Igrexa en España en 2021. Esta Memoria de actividades será presentada a mediados do próximo mes de maio.