Misa en honra da Virxe do Carme na Lonxa de Ribeira

As festas de verán de Ribeira honraron este sábado á “Virxe do Carme”. A Misa Solemne, cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil, na Lonxa Nova tivo lugar ás 18:00hs.

O acto relixioso, dedicado este ano aos xubilados do mar, foi presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto. Por primeira vez instáurase unha ofrenda que nesta ocasión realizou o xornalista, Antón Luaces, home vinculado a Ribeira.