Mons. Barrio á Congregación para o Clero: “O rostro máis belo da Igrexa é a santidade no medio do proceso de secularización”

Os bispos españois de Visita Ad Limina Apostolorum continúan coa súa ronda de encontros con diferentes Dicasterios da Curia Romana.

Ás 11:30 foron recibidos polo S.E. Mons. Lazzaro You Heung que iniciou o seu servizo  como Prefecto da Congregación para o Clero este mesmo ano.

No encontro, D. Julián Barrio, en nome dos prelados presentes formulou as súas inquietudes á vez que agradeceu as orientacións que desde ese Dicasterio se lles puidesen ofrecer para acompañar os sacerdotes, diáconos e seminaristas e sentirse acompañados por eles.

Na súa alocución presentou un perfil do clero das diferentes diocese alí presentes que “aínda que de idade elevada” a súa finura espiritual evita que se convertan en burócratas da pastoral.

Nas súas palabras fixo un eloxio do celibato que “ademais de ser unha chamada, é un don do Señor. Cando un cae na conta, é capaz de agradecer a Deus ese don recibido”.

Terminou o seu discurso expresando a preocupación de todos os bispos pola falta de vocacións ao ministerio sacerdotal que creba a esperanza dos nosos presbiterios, pero “coa certeza de que Cristo non nos abandona é para nós motivo de confianza”.

A Congregación para o Clero supervisa todos os asuntos relacionados coa formación, o ministerio, a organización e os recursos dos que dispoñen os 410.000 sacerdotes seculares católicos en todo o mundo.

La Congregación para el Clero supervisa todos los asuntos relacionados con la formación, el ministerio, la organización y los recursos de los que disponen los 410.000 sacerdotes seculares católicos en todo el mundo.