Mons. Barrio preside a Eucaristía na reapertura da Capela da Comuñón da Catedral

Este mércores, 26 de xaneiro quedou de novo aberta ao público a capela da Comuñón da Catedral de Santiago de Compostela, unha vez finalizados os traballos de restauración das súas cubertas.

Ás 20:30 h, o arcebispo presidiu unha Eucaristía, organizada como parte do xubileu dos universitarios, no marco do Ano Santo Compostelán.

A partir de hoxe, a Capela quedará aberta como lugar de oración e silencio, e nela quedará gardado o Santísimo Sacramento.

Nos próximos días organizarase as quendas para poder expoñer o Santísimo á adoración dos fieis.