Mons. Barrio preside na Catedral a Misa de Pentecoste

Monseñor Julián Barrio, presidiu hoxe a Eucaristía da Solemnidade de Pentecoste na Catedral compostelá, unha data na que a Igrexa celebra tamén o día da Acción Católica e do Apostolado Seglar. Precisamente aos laicos dirixiuse especialmente animándoos a revitalizar a fe e a vivila coherentemente na vida persoal e na contorna familiar, profesional e cívica: “Sigamos construíndo xuntos. O Espírito Santo necesítanos para construír xuntos en actitude de escoita, comuñón e misión, sentíndonos como bautizados protagonistas da misión que se nos confiou na Igrexa e no mundo. Non podemos esquecer o papel fundamental do laicado na Igrexa sinodal e na misión evanxelizadora”.

Coa Solemnidade de Pentecostés péchase o ciclo litúrxico da Pascua. Esta festa lembra o momento en que os apóstolos recibiron o don do Espírito Santo. Pentecoste, segundo dixo hoxe mons. Barrio, “fálanos de unidade nunha misión común, e de diversidade que enriquece e fortalece a comunidade cristiá. No medio da sociedade a Iglesia abre portas e xanelas para estender por todo o mundo o espírito que recibiu”. E engadiu “É a Igrexa en misión, en saída, compasiva, xenerosa, de perdón e curación, de forza para os débiles e denuncia para os inxustos e os inmisericordes”.