Mons. Barrio presidiu o Jubileu dos catequistas diocesanos

Onte sábado, 5 de marzo, tivo lugar a Asemblea Diocesana de catequistas, que por ser Ano Santo Xubilar Compostelán, xirou aredor do lema «con Santiago, catequistas no camiño».
Por iso, a xornada desenvolveuse en tres etapas principais: Ciudad da Cultura (etapa «o camiño»); Convento das Mercedarias Descalzas (etapa «chamados a ser catequistas»), no que se celebrou unha celebración penitencial; Catedral de Santiago de Compostela (etapa «con Santiago»), onde se celebrou a Eucaristía presidida polo arcebispo mons. Julián Barrio, acompañado do seu auxiliar mons. Francisco Prieto, así como do delegado de catequese Miguel López Varela e outros párrocos que tamén participaron cos seus catequistas nesta xornada