Mons. Francisco Prieto galardoado co Premio do Foro do Burgo, en Castro Caldelas

Hoxe sábado, ás 18:30 h, tivo lugar na igrexa do Burgo (Castro Caldelas) o acto público de entrega dos I Premios Foro do Bo Burgo, promovidos polo Concello de Castro Caldelas e mais a Unidade Parroquial do Burgo para recoñecer a persoas físicas e xurídicas que destacan pola promoción do idioma galego e, ao tempo, conmemorar o 795 aniversario do Foro do bo Burgo de Castro Caldelas (documento dado por Afonso IX en 1228 e redactado en galego).

O arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto, foi galardoado nesta primeira edición, xunto co doutor Eduardo López Collazo, a Fundación Vicente Risco, a escritora Helena Villar Janeiro, e a directora xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Maria del Carmen Martínez Ínsua.

O acto contou tamén ca presencia do Bispo de Ourense, mons. Leonardo Lemos Montanet, e coa intervención do historiador Manuel Carrete, que explicou a importancia histórica do Foro, e coa actuación musical de Marcelo Dobode.

Recibiron aos asistentes a este acto, a Escola Municipal de Música de Castro Caldelas co seu Director, o Gaiteiro Caldelao Diego Prieto, creador de Tradigaita. Para rematar o acto Marcelo Dodobe ofreceu un concerto.