Mons. Francisco Prieto presidiu hoxe o acto no que os futuros sacerdotes e diáconos ficeron profesión de fe e compromiso de fidelidade

  • Os candidatos ao diaconado e ao sacerdocio serán ordenados polo arcebispo, monseñor Barrio, o próximo domingo, día 3, na Catedral

O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, presidiu hoxe no Arcebispado de Santiago o xuramento dos catro seminaristas que este próximo domingo serán ordenados diáconos e sacerdotes.

Ernesto Gómez Juanatey e Mateo Augado Domínguez, candidatos ao diaconado; e Mario Agustín Pérez Moya e Martín Anani Konassi Kouman candidatos ao sacerdocio, fixeron a profesión de fe, o xuramento de fidelidade e a promesa de celibato, como requisito previo á ordenación.

O acto desenvolveuse coa presenza do reitor do Seminario Maior, Carlos Álvarez, a quen acompañaba o formador José Luis Ramos Souto e o director espiritual, Ricardo Vázquez Freire, e contou tamén coa asistencia do vicecanciller, Manuel Jesús Formoso.