A Catedral de Santiago acolleu esta tarde ás 18:00 hs. a celebración da Paixón do Señor que presidiu o Arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto, na que afirmou que “chegou a hora en que o servo de Yahvé, home de dores, sen figura nin beleza, toma a Cruz para ser plantada como árbore de Vida”.
O arcebispo engadiu que “Aquel que aprendeu, sufrindo, a obedecer, desde a Cruz, con brazos estendidos, sanda as feridas e perdoa as miserias. Aquel que naceu no silencio de Belén fai da Cruz a cátedra silenciosa de Dios”.
O prelado compostelán convidou a mirar “ao Crucificado, aos crucificados do noso tempo, aos que son atravesados pola crueldade das guerras e as inxustizas. Ao pé da Cruz, somos convocados a consolar, alzar a voz, a orar confiados”.
Finalmente, mons. Prieto tamén convidou á pedir, hoxe especialmente, pola paz na Terra Santa, “a terra de Jesús, o Deus connosco”.
O Venres Santo a Iglesia fai memoria da Paixón do Señor e adoración da Cruz. Seguindo unha antiquísima tradición, non se celebra a Eucaristía. Cristo crucificado é hoxe o centro da liturxia, un día para recoñecer, celebrar e proclamar que Cristo entregou a súa vida na cruz por nós e pola nosa salvación.
A Igrexa non celebra hoxe nin mañá a Eucaristía, o altar loce sen mantel, sen cruz, sen velas nin adornos, pero conmemora con solemne sobriedade a Paixón e morte do Señor: escoitando a Palabra de Dios, coa oración universal rezando para que a todos os homes chegue a salvación de Cristo, adorando con devoción o madeiro santo da cruz como expresión de fe e agradecemento ao Señor, e comulgando do pan consagrado na Misa vespertina de onte.
Mañá sábado, ás 22:00 hs., o arcebispo presidirá a Solemne Vixilia Pascual na Catedral compostelá.