Mons. Francisco Prieto reúnese cos Scouts de Galicia

Este xoves, 5 de outubro, A Mesa Xeral e Diocesana de Santiago de Scouts de Galicia-Escutismo Católico Gallego foi recibida polo Arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto.

Na reunión participaron José María Santos (Delegado Xeral), Irene Walther (Secretaria Xeral de Xestión), José Luis Gallego SDB (Secretario Xeral Pedagóxico), Antía Vilas (Secretaria Xeral de Promoción) e Miguel López Varela (Consiliario Xeral).

O encontro serviu para presentarlle ao Arcebispo a situación actual do escutismo católico na nosa Diocese e Provincia Eclesiástica e o camiño que o trouxo ata aquí desde o 1973.