Hoxe sábado, 8 de xullo, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, administrou o sacramento da confirmación a un grupo de mozos na Parroquia de Dodro.
Na visita a esta Parroquia, mons. Prieto bendixo os novos locais de Cáritas. Na súa intervención ante os asistentes, que enchían por completo o salón da parroquia, destacou o papel esencial dos voluntarios da institución caritativa da Igrexa na construción dunha sociedade máis xusta e fraterna. Neste sentido, destacou a súa exemplaridade e concluíu que “Cáritas somos todos e cada un de nós”.