Mons. Julián Barrio acolle as Dioceses italianas que peregrinan a Santiago de Compostela

Esta semana o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio, acolle as Dioceses italiana que peregrinan a Santiago de Compostela. Hoxe mércores, 10 de agosto, ás 17,00h, a Diocese italiana de Piacenza-Bobbio celebrou o seu xubileu na Catedral, con motivo do Ano Santo Compostelán, durante unha Misa do Peregrino presidida polo bispo Adriano Cevolotto.

Así mesmo, mañá, 11 de agosto, ás 12,00h, fará o mesmo a Diocese de Milán, co seu Arcebispo, Mario Delpini, á cabeza. Trátase da Diocese máis grande do mundo católico.

Pola súa banda, a Diocese de Mantua, celebrará o seu xubileu na catedral o próximo 28 de agosto (ás 17,00h).