Mons. Julián Barrio invita os diocesanos a unirse á Xornada de oración pola paz para Ucraína

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio, convida a Igrexa diocesana a unirse á Xornada de oración para invocar a paz para Ucraína, que terá lugar en toda Europa o vindeiro mércores, 14 de setembro, festa da Exaltación da cruz.
A forma común de oración será a adoración eucarística silenciosa.
Esta iniciativa está convocada polo Consello de Conferencias Episcopais de Europa (CCEE) Baixo o lema “Axeonllados ante a eucaristía para invocar a paz”, como expresión de proximidade e solidariedade coa Igrexa en Europa.