Mons. Julián Barrio na conmemoración polos 100 anos de compromiso de Pai Menni

  • Pai Menni, pertencente á congregación das Irmás Hospitalarias, atende a 150 personas. A inmensa maioría son mulleres

O centro Pai Menni, en Betanzos, está de festa. Este mércores encheuse de globos, alegría e autoridades. Entre elas, o arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio, ou a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Todos quixeron para conmemorar os 100 anos de compromiso á sociedade desde a súa fundación por encargo do filántropo Juan García Naveira en 1923.

Durante este tempo, Pai Menni acompañou a case 1.100 persoas. Actualmente, atende a unhas 150. Unha inmensa maioría son mulleres con discapacidade e vulnerables. Con este século de experiencia, é o centro de atención á discapacidade máis antigo de Galicia. Actualmente, ofrece servizos de ámbito residencial, de vivenda tutelada, centro de día e centro ocupacional.

O LABOR DAS IRMÁS HOSPITALARIAS

Aínda que a xestión é laica, o centro foi doado ás Irmás Hospitalarias e pertence a esta congregación. Sor Ana é unha delas. Chegou de Cataluña, leva seis anos en Betanzos e todos os días organiza actividades coas usuarias.

Esta Irmá destaca a “alegría” do centro, e o potencial destas mulleres que “poden facer todo como calquera persoa”, sempre con compañía. Incide en que “poden dar moitísimo á sociedade” á vez que “necesitan moitísimos recursos, tanto a nivel persoal como económico”.

Hai cen anos, Pai Menni tentaba paliar as necesidades de moitas familias galegas sen recursos, afectadas pola polio. E naceu como refuxio para “nenas lisiadas, raquíticas e escrofulosas pobres”. Desde hai uns anos Pai Menni retomou este labor cara a menores de idade cun servizo de atención temperá nos concellos de Betanzos, Paderne e Oza-Cesuras.

 

Fonte: Cope