Mons. Julián Barrio preside a celebración de san Xoán de Ávila recordando o valor inmenso do sacerdocio

A festa da memoria de san Xoán de Ávila, patrón do clero español, foi hoxe venres, día 12 de maio, a xornada elixida pola Arquidiocese de Santiago para homenaxear os 28 sacerdotes que este ano conmemoran as súas vodas de prata, ouro e diamante ministeriais polos seus 25, 50 e 60 anos de servizo á Igrexa compostelá. Esta tradicional cita é un dos momentos fortes de expresión da comuñón do arcebispo co seu presbiterio.

A xornada iniciábase ás 10,30 horas cunha Meditación dirixida por Víctor Javier Castaño Moraga, na aula Magna do ITC.

Ás 12,00 horas comezaba unha eucaristía de acción de grazas na Catedral compostelá mons. Julián Barrio e que estivo concelebrada por mons. Francisco Prieto, así como dun numeroso grupo de presbíteros.

Así iniciaba D. Julián a homilía: “Con todo agradecemento felicítovos fraternalmente a vós, queridos sacerdotes, que celebrades as Vodas de Platino, Diamante, Ouro e Prata sacerdotais. Son anos de sacerdocio en que imos experimentando que o Señor enriquece a nosa pobreza e fortalece a nosa fraxilidade, lembrando que é o Señor quen nos elixiu”.

Mons. Barrio dixo aos sacerdotes diocesanos que “hoxe chegades coa ofrenda da vosa vida, mantendo a vosa fidelidade, e proclamando a súa misericordia. Aos problemas de cada época Deus responde coa graza necesaria para asumilos e superalos con amor e realismo”.

 

LISTADO SACERDOTES HOMENAXEADOS

Ordenados en 1998
Alfonso Rodríguez Castiñeiras
F. Javier Porro Martínez
Fernando Pérez Crespo
José Andrés Fernández Farto
José Luis Ramos Souto
José Manuel Taibo García
Juan Carlos García Barral
Juan Ventura Pazos Calo
Ricardo Vázquez Freire
Santiago Pérez González

Ordenados en 1973
Antonio Rodriguez Gonzalez
Segundo Perez Lopez

Ordenados en 1963
Antonio Regueira Sánchez
Daniel Espiño Otero
Elisardo Rodríguez Nieves
Francisco Fernández Fernández
Francisco Gulias Folgar
Guillermo Taboada Vázquez
Jesús Garcia Vázquez
José A. Iglesias Pérez Piñeiro Cespón
José Antonio Quintela Quintela
José Barreiro Gontad
José María Fernández Rumbo
José María Fuciños Sendín
Ramón Antelo Pena
Ricardo Ibáñez Ruesga
Ricardo Villaverde Gondar
Samuel García Tacón