Mons. Julián Barrio: “Xesús venceu a morte. Nel encontramos o sentido do noso peregrinar humano”

Mons. Julián Barrio: “Xesús venceu a muerte. Nel encontramos ol sentido do noso peregrinar humano.
”Solemne Vixilia Pascual, presidida polo arcebispo de Santiago na Catedral compostelá.
“Durante o sábado santo, esperamos o anuncio da resurrección do Señor. Entrada xa a noite oímos: “Resucitei e sempre estou contigo; ti puxeches sobre min a túa man. Considérase que foron estas as palabras que o Fillo dirixiu ao Pai despois da súa resurrección, despois de volver da noite da morte ao día eterno da Vida”. Cristo resucitou e a nosa alegría é inmensa. O home vello ha morto na cruz de Cristo, deixando así a escravitude. É un cambio radical na existencia humana. O señorío de Deus é o que dá a vida. Esta noite é a Vixilia da luz, da Palabra, do Bautismo e da Eucaristía que nos axuda a contemplar co corazón purificado o milagre do amor de Deus”.  Así iniciaba a homilía monseñor Julián Barrio na Vixilia Pascual celebrada na noite deste Sábado Santo na Catedral compostelá.
Ao celebrar a noite santa da Resurrección do Señor, o arcebispo, quen felicitou a Pascua en varios idiomas, tamén dixo na súa homilía que “Crer no Resucitado é ter a experiencia persoal de que hoxe aínda aínda que siga no noso mundo a violencia, a crueldade, a pobreza e a inxustiza, a última palabra tena El que vela por todos traballando por unha humanidade nova”.
Monseñor Barrio comentou que “Cristo é a Luz simbolizada no cirio pascual, que ilumina os recunchos da historia da nosa vida persoal para facernos pasar das tebras do pecado e da morte á luz da graza e da vida. Esta é a nosa aventura cristiá, sabendo que fomos unxidos co óleo perfumado do bautismo e co crisma da confirmación. Cantos espazos da nosa sociedade esperan o recendo de Cristo no medio da corrupción moral!”.
O arcebispo de Santiago concluíu a homilía dicindo: “Pidamos que esta Noite Santa traia a paz a todos os lugares da terra. Coa nosa oración fago chegar a felicitación pascual ao Papa Francisco. Coa alegría que nos dá Cristo resucitado, saúdo con afecto pastoral a todos os diocesanos, aos irmáns da Igrexas separadas, aos das relixións non cristiás, e a todos os homes de boa vontade que peregrinan na nosa Diocese.
Feliz  Pascua de Resurrección do Señor!”.
Mañá, domingo de Pascua terá lugar ás 11:00 hs. a procesión de Xesús Resucitado, na praza da Quintana e posteriormente a Misa Solemne da Resurrección do Señor na Catedral compostelá.