No marco da Cátedra de Estudos Europeos Camiño de Santiago, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto Fernández impartirá unha conferencia, este luns 4 de marzo ás 19 horas, na Fundación Pablo VI de Madrid sobre “Os camiños de Deus e os carreiros do home no camiño de Santiago” .
No relatorio abordarase o papel decisivo que o camiño de Santiago tivo na vertebración de Europa e o que segue tendo hoxe como promotor da cultura do encontro.