O arcebispo de Santiago, Mons. Francisco Prieto, foi o encargo de clausurar as xornadas deste ano. A súa intervención versou sobre A misión educativa da Igrexa en Galicia hoxe
Mons. Francisco Prieto comezou lembrando o que o Congreso Igrexa e educación, celebrado en Madrid, supuxo para o ámbito educativo. Para despois abordar a situación do ensino na actualidade. Para iso considerou oportuno compartir unha serie de datos sobre a escola concertada católica en Galicia: hai 120 centros, con 60.000 alumnos e 5.300 traballadores, tanto persoal docente como non docente. E a cifra de matriculados na materia de Relixión, en todo tipo de centros, é de 160.272 alumnos, algo máis do 70%.