Mons. Prieto presidiu a celebración da Cea do Señor na Catedral compostelá

  • Mons. Prieto, no Xoves Santo, invita a facer memoria no nome do Señor
 O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu esta tarde na Catedral a solemne celebración litúrxica da Cea do Señor.
Na homilía o arcebispo convidou a facer memoria no nome do Señor “de novo cinguímonos a cintura, sandalias nos pés e un bastón na man porque vai pasar o Señor para conducirnos da escravitude á liberdade; de novo o Señor cínguese unha toalla para lavar os pés dunha humanidade que precisa ser purificada das súas miserias.
E engadiu: “de novo, o Señor prepara a Mesa para os seus amigos na que o seu Corpo entrégase por nós e o seu Sangue derrámase para forxar a nova alianza do mandamento novo do amor”.
Coa Misa desta tarde, a Igrexa comeza o Triduo pascual e evoca aquela Derradeira Cea, «na cal o Señor Xesús na noite en que ía ser entregado, amando ata o extremo os seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu Corpo e o seu Sangue baixo as especies do pan e do viño, e entregounos os apóstolos para que os sumisen, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén os ofrecesen».
Na celebración de hoxe ponse o foco en tres acontecementos que teñen a súa orixe na Derradeira Cea: a institución da Eucaristía, a institución da Orde Sacerdotal e o mandamento do Señor sobre a caridade fraterna. Por iso a Igrexa celebra o Xoves Santo o día do Amor Fraterno.
Tamén se lembrou o lavatorio dos pés, que manifesta o servizo e o amor de Cristo, que veu “non a ser servido, senón a servir”.
Despois da misa, o Santísimo Sacramento quedou reservado no Monumento para a súa adoración, convidando á oración e á meditación.
Mañá, Venres Santo, o arcebispo presidirá ás 18:00 hs. a celebración da Paixón do Señor na Catedral de Santiago.